Sunday 12 de May de 2024

Malpica propón unhas ‘Letras Galegas colaborativas’ para que a veciñanza achegue ás redes municipais as súas pezas favoritas da cultura galega


A través de comentarios no Facebook do Concello de Malpica, compartiranse as achegas das usuarias e usuarios

O Concello de Malpica, a través da concellería de Cultura, propón unhas ‘Letras Galegas colaborativas’ para que a veciñanza achegue ás redes municipais as súas pezas favoritas da cultura galega.
Será un Día das Letras algo atípico este 17 de maio, e como non se poderán celebrar encontros, nin outro tipo de actividades culturais, desde Malpica propoñen colaborar á veciñanza.
Tal é así que a través de comentarios no Facebook do Concello de Malpica, os usuarios e usuarias poderán compartir as súas achegas, quedando así rexistradas para que todas as persoas poidan velo e empaparse das experiencias dos demais.